Cargando...
O Grafo de Coñecemento de Galiciana Semántica
O proxecto "Galiciana Semántica na web" ten como obxectivo brindar a mellor experiencia posible aos usuarios do espazo dixital de Galiciana Semántica, proporcionando un motor de procura que interroga un grafo de coñecemento.
Neste grafo, as obras están interrelacionadas entre si, incluíndo atributos como localización xeográfica, tipo de documento, data de publicación/creación ou institución de orixe, entre outros. Ademais, estas obras están vinculadas os autores e a outros obxectos de coñecemento relevantes como imprentas, editoriais, materias ou lugares. Isto permite presentar resultados de procura ben organizados por entidades, enriquecidos e contextualizados.
En definitiva, un dos obxectivos principais do proxecto é facilitar ao público unha experiencia de navegación e procura máis intuitiva, intelixente, personalizada, semánticamente significativa e eficaz.
A primeira fase do proxecto "Galiciana Semántica" céntrase en tres accións principais:
- Construción do microsite "Prensa histórica Galega": Esta vista do grafo do espazo unificado de Galiciana Semántica recompila as publicacións periódicas da prensa galega desde principios do século XIX ata a actualidade. "Prensa histórica Galega" funcionará como un exemplo de Semantic Dynamic Publishing ou publicación dinámica semántica, onde un subconjunto de datos do grafo pódese consultar desde un microsite específico.
- Construción do microsite "Memoria e Concordia": Este espazo de datos pretende dotar de vida narrativa aos miles de documentos que se atesouran en Galicia referentes ao período posterior á guerra civil española e ulterior represión franquista. "Memoria e Concordia" será outro exemplo de publicación dinámica semántica, que permitirá aos usuarios explorar este importante período histórico a través dos documentos e as entidades relacionadas.
- Unificación e desambiguación de autoridades: Desenvolveuse unha intensa actividade para unificar e desambiguar as autoridades provenientes de diversas fontes (biblioteca, arquivo, etc.). Ista unificación permitiu construír o espazo unificado central, que actúa como punto único de interrogación para todo o conxunto. O obxectivo foi crear un Catálogo Galego Unificado de Autoridades (VGAF), similar ao VIAF (Virtual International Authority File), que identifique de forma unívoca as entidades do patrimonio histórico e cultural galego.
É dicir, a meta final de "Galiciana Semántica" é cimentar unha única porta de entrada para o descubrimento e autoaprendizaje do patrimonio cultural galego.
No futuro, se engadirán novas fontes de información ao proxecto, enriquecendo o Grafo de Coñecemento e ampliando as posibilidades de consulta e aprendizaxe para os usuarios. Desta forma, "Galiciana Semántica" converterase nunha ferramenta fundamental para a difusión, investigación e goce do patrimonio cultural galego.
O proxecto tamén busca ofrecer aos usuarios unha ferramenta de creación, edición e publicación de "Historias", coleccións e percorridos personalizados, cun valor recreativo, divulgativo ou educativo. Esta ferramenta permitirá aos xestores relacionar recursos dixitais do patrimonio cultural galego para elaborar relatos que conten historias.
Todo iso, asegurando que a experiencia de descubrimento de coñecemento e navegación funciona en calquera dispositivo. Desta maneira, todos os usuarios poden acceder á información que lles interesa e gozar de "Galiciana Semántica na web" en calquera momento e lugar.
O proxecto "Galiciana Semántica" non se limita á construción dun Grafo de Coñecemento unificado. O fin último é ofrecer aos usuarios unha experiencia enriquecedora e significativa, aproveitando ao máximo as posibilidades deste grafo. Para iso, implementáronse unha serie de explotacións avanzadas que permiten aos usuarios interactuar coa información de maneiras innovadoras.
Algunhas das explotacións avanzadas que se desenvolveron para Galiciana Semántica son:
- Procuras facetadas: Os usuarios poderán realizar procuras utilizando un sistema de filtros baseados nas propiedades das entidades do grafo. Isto permitirá refinar as procuras e descubrir conexións inesperadas entre os diferentes recursos. Por exemplo, pódese buscar por autor, data, tema, lugar, tipo de documento, etc. e establecer cadeas de conexión que permitan unha navegación por descubrimento.
- Visualización de datos: O grafo de coñecemento pódese visualizar de diferentes maneiras, o que facilita a comprensión das relacións entre as entidades. Isto inclúe preguntas contextuais, liñas de tempo, gráficos, etc.
- Xeración de relatos: A partir da información do grafo, poderanse xerar
automaticamente preguntas que conecten diferentes entidades e recursos. Isto permitirá
aos usuarios explorar a historia e a cultura galega dunha maneira máis atractiva
e dinámica. - Publicación semántica dinámica: A información do grafo poderase utilizar para xerar automaticamente sitios web ou microsites temáticos, que se actualizarán dinámicamente a medida que se engadan novos datos ao grafo. Estas explotacións avanzadas posibilitan facer de "Galiciana Semántica" unha ferramenta de referencia para a investigación, a educación e o goce do patrimonio cultural galego.
Estas explotacións avanzadas posibilitan facer de "Galiciana Semántica" unha ferramenta de referencia para a investigación, a educación e o goce do patrimonio cultural galego.