El Buscapié : periódico satírico de noticias y anuncios

Título El Buscapié : periódico satírico de noticias y anuncios
Lingua Español
Descrición física 118 números : ; 47 cm
Periodicidade actual Semanal, publícase os sábados (1867)
Periodicidade anterior Semanal, publícase os domingos (1866-1867)
Comezo / cesamento Año 1, n. 1 (6 mayo 1866)-Año III, n. 118 (1 agosto 1868)
Notas Na súa segunda etapa publicou unha revista de carácter festivo titulada "El Aguinaldo" para agasallar os abonados. O seu primeiro número (e posiblemente o único) saíu na noiteboa de 1867.
Redactores e colaboradores: empregaban con frecuencia un pseudónimo (El Consabido, Saca-Trapos, El Buscapié, La Sombra, El Diputado Local). Posiblemente detrás destes sobrenomes estiveran os que se coñecen como fundadores e redactores do xornal Luís Rodríguez Seoane, Claudio Cuveiro e Joaquín Buceta Solla. Máis tarde colaboraron tamén José Benito Juncal e Nicanor Rey Díaz.
Secretario de redacción: Celestino Núñez.
Tivo discusións con outras publicacións da época, sobre todo co científico-literario pontevedrés El Progreso, co que compartía redactores. Tamén polemizou co semanario La Revista da mesma cidade.
Variacións no subtítulo: "periódico satírico y de intereses generales" (partir do n. 2, 13 mayo 1866), "periódico semanal de intereses generales" (a partir de ca. n. 29 , 18 nov. 1866).
Contén números extra.
Na primeira etapa tivo un carácter festivo, ridiculizando determinadas necesidades sociais e locais. Tivo unha segunda etapa a partir do 4 de novembro de 1866, na que deixou a un lado o seu ton festivo para tornarse nunha publicación seria, mantendo esa condición ata o 1 de agosto de 1867. A partir desta data levou como subtítulo Periódico semanal de intereses generales. Malia á súa popularidade en certos medios, o xornal cesou definitivamente pouco antes de comezar o período revolucionario, sacando en total 118 exemplares. El Buscapié encabezaba con noticias estranxeiras xerais e de Galicia, seguía con revista da prensa galega e continuaba con editoriais e producións literarias en prosa. Ademais ofrecía as seccións Variedades, Crónica local, Gacetillas, Charadas, partes telegráficos locais, movementos de buques, Anuncios e Folletín. Tratou temas como a industrialización de Galicia ou a reforma do sistema agrario. En ocasións, cando era censurado, deixaba espazos baleiros en sinal de protesta.
Dereitos Obra en dominio público
Lugar España Galicia Pontevedra Pontevedra
España Galicia Pontevedra Pontevedra
Tipo de publicaciónXornaisRevistas satíricas e humorísticas
Entidades relacionadas Imprenta El Siglo (Pontevedra)
É un complemento desta publicación El Aguinaldo : revista anual, gastronómica, culinaria y de interés particular que El Buscapié regala a sus abonados
Discutir con El Progreso : periódico de intereses morales y materiales
Referencias Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (1990-1995) t. I, p. 150
Referencias Wikipedia. Visitada o 26 de maio de 2025

Descobre máis en:

Quen participou?

Retrato de Rodríguez Seoane, Luis

Rodríguez Seoane, Luis

1836 - 1902
Retrato de Cuveiro Gonzalez, Claudio

Cuveiro Gonzalez, Claudio

-
Retrato de Buceta Solla, Joaquín

Buceta Solla, Joaquín

-
Retrato de Juncal Romay, José Benito

Juncal Romay, José Benito

-
Retrato de Rey Díaz, Nicanor

Rey Díaz, Nicanor

-
Que outros autores foron coetáneos?

Quen o imprimiu?

Imprenta del Siglo Pontevedra ([1866-1868])

Quen o editou?

Esteban Sanz Pontevedra (1866-[1868])

Exemplares físicos

Biblioteca do Museo de Pontevedra Sinatura: 8
Comprende:
año 1:n.1 (6:mayo 1866) - año 3:n.118 (1:ago.1868)

1866

1868

Este sitio web utiliza cookies

Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de navegación, personalizar contidos e analizar o tráfico do sitio. Podes aceptar todas as cookies, rexeitalas ou configurar as túas preferencias.