Cargando...
El Buscapié : periódico satírico de noticias y anuncios
| Título | El Buscapié : periódico satírico de noticias y anuncios |
| Idioma | Español |
| Descripción física | 118 números : ; 47 cm |
| Periodicidad actual | Semanal, publícase os sábados (1867) |
| Periodicidad anterior | Semanal, publícase os domingos (1866-1867) |
| Comienzo / Cese |
Año 1, n. 1 (6 mayo 1866)-Año III, n. 118 (1 agosto 1868) |
| Notas |
Na súa segunda etapa publicou unha revista de carácter festivo titulada "El Aguinaldo" para agasallar os abonados. O seu primeiro número (e posiblemente o único) saíu na noiteboa de 1867. Redactores e colaboradores: empregaban con frecuencia un pseudónimo (El Consabido, Saca-Trapos, El Buscapié, La Sombra, El Diputado Local). Posiblemente detrás destes sobrenomes estiveran os que se coñecen como fundadores e redactores do xornal Luís Rodríguez Seoane, Claudio Cuveiro e Joaquín Buceta Solla. Máis tarde colaboraron tamén José Benito Juncal e Nicanor Rey Díaz. Secretario de redacción: Celestino Núñez. Tivo discusións con outras publicacións da época, sobre todo co científico-literario pontevedrés El Progreso, co que compartía redactores. Tamén polemizou co semanario La Revista da mesma cidade. Variacións no subtítulo: "periódico satírico y de intereses generales" (partir do n. 2, 13 mayo 1866), "periódico semanal de intereses generales" (a partir de ca. n. 29 , 18 nov. 1866). Contén números extra. Na primeira etapa tivo un carácter festivo, ridiculizando determinadas necesidades sociais e locais. Tivo unha segunda etapa a partir do 4 de novembro de 1866, na que deixou a un lado o seu ton festivo para tornarse nunha publicación seria, mantendo esa condición ata o 1 de agosto de 1867. A partir desta data levou como subtítulo Periódico semanal de intereses generales. Malia á súa popularidade en certos medios, o xornal cesou definitivamente pouco antes de comezar o período revolucionario, sacando en total 118 exemplares. El Buscapié encabezaba con noticias estranxeiras xerais e de Galicia, seguía con revista da prensa galega e continuaba con editoriais e producións literarias en prosa. Ademais ofrecía as seccións Variedades, Crónica local, Gacetillas, Charadas, partes telegráficos locais, movementos de buques, Anuncios e Folletín. Tratou temas como a industrialización de Galicia ou a reforma do sistema agrario. En ocasións, cando era censurado, deixaba espazos baleiros en sinal de protesta. |
| Derechos | Obra en dominio público |
| Lugar |
España Galicia Pontevedra Pontevedra España Galicia Pontevedra Pontevedra |
| Tipo de publicación | XornaisRevistas satíricas e humorísticas |
| Entidades relacionadas |
Imprenta El Siglo (Pontevedra) |
| Es suplemento de esta publicación | El Aguinaldo : revista anual, gastronómica, culinaria y de interés particular que El Buscapié regala a sus abonados |
| Polemiza con | El Progreso : periódico de intereses morales y materiales |
| Referencias | Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (1990-1995) t. I, p. 150 |
| Referencias | Wikipedia. Visitada o 26 de maio de 2025 |
¿Quién participó?
Ejemplares físicos
| Biblioteca do Museo de Pontevedra |
Signatura: 8 Comprende: año 1:n.1 (6:mayo 1866) - año 3:n.118 (1:ago.1868) |
1866
1868